Terminamos como comezamos, somos cidadáns iguais ante a lei ?

NORMAS ANTE A XUSTICIA
1.- O/A cidadán/á ten dereito a recibir información xeral e actualizada sobre o
funcionamento dos xulgados e tribunais e sobre as características e os requisitos
xenéricos dos distintos procedementos xudiciais.
Impulsarase a creación e a dotación material de oficinas de atención
ao cidadán, e asegurarase a súa implantación en todo o territorio
nacional.
A información sobre os horarios de atención ao público situarase nun
lugar claramente visible nas sedes dos órganos xurisdiccionais.
2.- O/A cidadán/á ten dereito a recibir información transparente sobre o estado, a
actividade e os asuntos tramitados e pendentes de todos os órganos
xurisdiccionais de España.
Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas con
competencias na materia, así como o Consello Xeral do Poder
Xudicial, canalizarán esta información para facilitar a súa consulta no
marco dun plan de transparencia.
3.- O/A cidadán/á ten dereito a coñecer o contido actualizado das leis españolas e
da Unión Europea mediante un sistema electrónico de datos facilmente accesible.
4.- O/A cidadán/á ten dereito a coñecer o contido e estado dos procesos nos que
teña interese lexítimo de acordo co disposto nas leis procesuais.
Os interesados terán acceso aos documentos, libros, arquivos e
rexistros xudiciais que non teñan carácter reservado.
As autoridades e funcionarios exporanlle por escrito ao/á cidadán/á
que o solicite os motivos polos que se lle denega o acceso a unha
información de carácter procesual.
5.- O/A cidadán/á ten dereito a que as notificacións, citacións, emprazamentos e
requirimentos conteñan termos sinxelos e comprensibles, e a que se evite o uso
de elementos intimidatorios innecesarios.
6.- O/A cidadán/á ten dereito a que nas vistas e comparecencias se utilice unha
linguaxe que, respectando as esixencias técnicas necesarias, resulte
comprensible para as persoas que non sexan especialistas en dereito. Os xuíces e maxistrados que dirixan os actos procesuais velarán pola salvagarda deste dereito.
7.- O/A cidadán/á ten dereito a que as sentencias e demais resolucións xudiciais
se redacten de tal forma que sexan comprensibles polos seus destinatarios,
empregando unha sintaxe e estructura sinxelas, sen prexuízo do seu rigor técnico.
Deberase facilitar especialmente o exercicio destes dereitos
naqueles procedementos nos que non sexa obrigatoria a
intervención de avogado e procurador.
8.- O/A cidadán/á ten dereito a dispor gratuitamente dos formularios necesarios
para o exercicio dos seus dereitos ante os tribunais cando non sexa preceptiva a
intervención de avogado e procurador
9.- O/A cidadán/á ten dereito a ser atendido/a de forma respectuosa e adaptada ás
súas circunstancias psicolóxicas, sociais e culturais.
10.- O/A cidadán/á ten dereito a esixir que as actuacións xudiciais nas que resulte
preceptiva a súa comparecencia se realicen coa máxima puntualidade.
O/A xuíz/a ou o/a secretario/a xudicial deberá informar o/a cidadán/á
sobre as razóns do atraso ou da suspensión de calquera actuación
procesual á que estivese convocado/a.
A suspensión comunicaráselle ao/á cidadán/á, agás causa de forza
maior, con antelación abonda para evitar o seu desprazamento. 11.- O/A cidadán/á ten dereito a que a súa comparecencia persoal ante un órgano
da Administración de xustiza resulte o menos gravosa posible.
A comparecencia dos cidadáns ante os órganos xurisdiccionais
soamente poderá ser esixida cando sexa estrictamente
indispensable conforme á lei.
Procurarase sempre concentrar nun só día as distintas actuacións
que esixan a comparecencia dunha persoa ante un mesmo órgano
xudicial.
Tramitaranse con preferencia e máxima celeridade as
indemnizacións económicas que lle corresponda percibir ao/á
cidadán/á polos desprazamentos para acudir a unha actuación
xudicial.
As dependencias xudiciais accesibles ao público, tales como zonas
de espera, salas de vistas ou clínicas médico-forenses, deberán
reunir as condicións e servicios necesarios para asegurarlle unha
correcta atención ao/á cidadán/á.
12.- O/A cidadán/á ten dereito a ser adecuadamente protexido/a cando declare
como testemuña ou colabore de calquera outra forma coa Administración de
xustiza.
13.- O/A cidadán/á ten dereito a coñecer a identidade e a categoría da autoridade
ou do funcionario que o/a atenda, salvo cando estea xustificado por razóns de
seguridade en causas criminais.
Os datos figurarán nun lugar facilmente visible do posto de traballo.
Quen responda por teléfono ou quen realice unha comunicación por
vía telemática deberá en todo caso identificarse ante o/a cidadán/á.
14.- O/A cidadán/á ten dereito a ser atendido/a persoalmente polo/a xuíz/a ou
polo/a secretario/a xudicial con respecto a calquera incidencia relacionada co
funcionamento do órgano xudicial.
As declaracións e os testemuños, os xuízos e as vistas, así como as
comparecencias que teñan por obxecto oír as partes antes de dictar
unha resolución, realizaranse sempre perante un/unha xuíz/a ou un
tribunal de acordo co previsto nas leis.
15.- O/A cidadán/á ten dereito a ser atendido/a en horario de mañá e tarde nas
dependencias xudiciais daqueles órganos nos que, pola súa natureza ou volume
de asuntos, resulte necesario e nos termos legalmente previstos.
16.- O/A cidadán/á ten dereito a utilizar coa Administración de xustiza do territorio
da súa comunidade a lingua oficial que escolla, e a ser atendido/a nos termos
establecidos pola Lei orgánica do poder xudicial, polos estatutos de autonomía e
polas súas normas de desenvolvemento.
17.- O/A cidadán/á ten dereito a formular reclamacións, queixas e suxestións
relativas ao incorrecto funcionamento da Administración de xustiza, así como a
recibir resposta a estas o máis axiña posible e, en todo caso, dentro do prazo dun
mes. Poderá presentar as queixas e suxestións ante o propio xulgado ou
tribunal, os seus órganos de goberno, as oficinas de atención ao
cidadán, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza
e, se é o caso, ante as administracións das comunidades
autónomas.
As administracións públicas competentes implantarán sistemas para
garantir o exercicio deste dereito por vía telemática.
En todas as dependencias da Administración de xustiza estarán a
disposición do/da cidadán/á, nun lugar visible e suficientemente
indicado, os formularios necesarios para exercer este dereito.
18.- O/A cidadán/á ten dereito a esixir responsabilidades por erro xudicial ou polo
funcionamento anormal da Administración de xustiza.
Os danos causados en calquera ben ou dereito dos cidadáns darán
lugar a unha indemnización que poderá ser reclamada pola persoa
prexudicada de acordo co disposto na lei.
As reclamacións indemnizatorias tramitaranse con preferencia e
celeridade
19.- O/A cidadán/á ten dereito a unha tramitación áxil dos asuntos que lle afecten,
que deberán resolverse dentro do prazo legal, e a coñecer, se é o caso, o motivo
concreto do atraso.
O Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial
elaborarán un programa de previsións coa duración debida dos
distintos procedementos en todas as ordes xurisdiccionais, ao cal se
lle dará unha ampla difusión pública.
20.- O/A cidadán/á ten dereito a que non se lle esixa a achega de documentos que
consten en poder das administracións públicas, a menos que as leis procesuais
expresamente o requiran.
21.- O/A cidadán/á ten dereito a comunicarse coa Administración de xustiza a
través do correo electrónico, da videoconferencia e doutros medios telemáticos de
acordo co disposto nas leis procesuais.
Os poderes públicos impulsarán o emprego e aplicación destes
medios no desenvolvemento da actividade da Administración de
xustiza así como nas relacións desta cos cidadáns.
Os documentos emitidos polos órganos da Administración de xustiza
e polos particulares a través de medios electrónicos e telemáticos, en
soportes de calquera natureza, terán plena validez e eficacia sempre
que quede acreditada a súa integridade e autenticidade de
conformidade cos requisitos esixidos nas leis.
22.- A persoa que sexa víctima dun delicto ten dereito a ser informada con
claridade sobre a súa intervención no proceso penal, as posibilidades de obter a
reparación do dano sufrido, así como sobre o curso do proceso.
Asegurarase que a víctima teña un coñecemento efectivo daquelas
resolucións que lle afecten á súa seguridade, sobre todo nos casos
de violencia dentro da familia.
Potenciaranse os cometidos das oficinas de atención á víctima e
ampliaranse as súas funcións buscando un servicio integral ao/á
cidadán/á afectado/a polo delicto, asegurando que presten servicio
en todo o territorio nacional.
23.- O/A cidadán/á que sexa víctima dun delicto ten dereito a que a súa
comparecencia persoal ante un xulgado ou tribunal teña lugar de forma adecuada
á súa dignidade e preservando a súa intimidade.
Adoptaranse as medidas necesarias para que a víctima non coincida
co/coa agresor/a cando ambos se encontren en dependencias
xudiciais á espera da práctica de calquera actuación procesual.
As autoridades e os funcionarios velarán especialmente pola eficacia
deste dereito nos supostos de violencia doméstica ou de xénero,
outorgándolles ás víctimas o amparo que necesiten.
24.- A persoa que sexa víctima dun delicto ten dereito a ser protexida de forma
inmediata e efectiva polos xulgados e tribunais, especialmente fronte á que exerce
violencia física ou psíquica no ámbito familiar. Facilitarase o uso daqueles medios técnicos que resulten necesarios
para a debida protección da víctima, tales como os instrumentos de
localización de persoas, os mecanismos de teleasistencia e outros
similares.
25.- O/A cidadán/á que sexa víctima dun delicto ten dereito a ser protexido/a fronte
á publicidade non desexada sobre a súa vida privada en toda clase de actuacións
xudiciais.
Os xuíces e maxistrados, así como o Ministerio Fiscal, velarán polo
adecuado exercicio deste dereito.
26.- O/A menor de idade ten dereito a que a súa comparecencia ante os órganos
xudiciais teña lugar de forma adecuada á súa situación e desenvolvemento
evolutivo.
Para o cumprimento deste dereito poderán utilizarse elementos
técnicos tales como os circuítos cerrados de televisión, a
videoconferencia ou similares.
Procurarase evitar a reiteración das comparecencias do/da menor
ante os órganos da Administración de xustiza.
27.- O/A menor de idade que tivese suficiente xuízo ten dereito a ser oído/a en
todo proceso xudicial no que estea directamente implicado/a e que conduza a
unha decisión que lle afecte á súa esfera persoal, familiar ou social, así como a que as distintas actuacións xudiciais se practiquen en condicións que garantan a
comprensión do seu contido.
O Ministerio Fiscal velará pola efectividade deste dereito,
prestándolle ao/á menor a asistencia que necesite.
28.- Os menores de idade teñen dereito a que as autoridades e os funcionarios da
Administración de xustiza garden a debida reserva sobre as actuacións
relacionadas con eles, que en todo caso deberán practicarse de maneira que se
preserve a súa intimidade e o dereito á súa propia imaxe.
29.- O/A cidadán/á afectado/a por calquera tipo de discapacidade sensorial, física
ou psíquica, poderá exercitar con plenitude os dereitos recoñecidos nesta Carta e
nas leis procesuais.
Soamente deberá comparecer ante o órgano xudicial cando resulte
estrictamente necesario conforme á lei.
Os edificios xudiciais deberán estar provistos daqueles servicios
auxiliares que faciliten o acceso e a estancia nestes.
30.- As persoas xordas, mudas, así como as que sufran discapacidade visual ou
cegueira, teñen dereito á utilización dun/ha intérprete de signos ou daqueles
medios tecnolóxicos que permitan tanto obter de forma comprensible a
información solicitada, coma a práctica adecuada dos actos de comunicación e
doutras actuacións procesuais nas que participen. Promoverase o uso de medios técnicos tales como videotextos,
teléfonos de texto, sistema de traducción de documentos a braille,
gravación sonora ou similares.
Comprobarase con especial coidado que o acto de comunicación
chegou a coñecemento efectivo da persoa destinataria e, se é o
caso, lerase en voz alta o contido do acto.
31.- O/A estranxeiro/a ten dereito a ser atendido/a por todos os que prestan os
seus servicios na Administración de Xustiza de acordo co establecido nesta Carta
e sen sufrir discriminación ningunha por razón da súa raza, lingua, relixión ou
crenzas, particularmente cando se trate de menores de idade e conforme ao
disposto polos convenios internacionais ratificados por España.
Garantirase o uso de intérprete cando o/a estranxeiro/a que non
coñeza o castelán nin, se é o caso, a lingua oficial propia da
comunidade autónoma tivese que ser interrogado/a ou prestar
algunha declaración, ou cando fose preciso darlle a coñecer
persoalmente algunha resolución.
32.- Os estranxeiros inmigrantes en España teñen dereito a recibir unha
protección adecuada da Administración de xustiza co obxecto de asegurar que
comprenden o significado e transcendencia xurídica das actuacións procesuais
nas que interveñan por calquera causa.
Os xuíces e tribunais así como o Ministerio Fiscal velarán en todo
momento polo cumprimento deste dereito.
33.- O/A cidadán/á ten dereito á prestación dun servicio profesional de calidade
por parte do/da avogado/a no cumprimento da misión de defensa que lle
encomende, así como polo/a procurador/a na representación dos seus intereses
ante os órganos xurisdiccionais.
34.- O/A cidadán/á ten dereito a denunciar ante os colexios de avogados ou de
procuradores as conductas contrarias á deontoloxía profesional e a coñecer a
través dunha resolución suficientemente motivada o resultado da denuncia.
35.- O/A cidadán/á ten dereito a coñecer, a través do colexio profesional
correspondente, se un/unha avogado/a ou procurador/a foi obxecto dalgunha
sanción disciplinaria, non cancelada, por algunha actuación profesional.
Os colexios respectivos establecerán un sistema para que o/a
cidadán/á poida coñecer de forma efectiva as sancións disciplinarias,
non canceladas, impostas a un profesional en todo o territorio
nacional.
36.- Os cidadáns teñen dereito a que os profesionais que os representen,
asesoren ou defendan garden rigoroso segredo de canto lles revelen ou confíen
no exercicio destas funcións.
37.- O/A cidadán/á ten dereito a coñecer anticipadamente o custo aproximado da
intervención do/da profesional elixido/a e a forma de pagamento.
Os avogados e procuradores estarán obrigados a entregarlle ao/á
seu/súa cliente/a un orzamento previo que conteña as anteriores
cuestións. Para estes efectos regularase adecuadamente e
fomentarase o uso das follas de encargo profesional.
O/A cliente/a poderá esixirlle ao/á seu/súa procurador/a unha
rendición de contas detalladas dos asuntos encomendados.
38.- O/A cidadán/á ten dereito a obter do/da avogado/a e procurador/a información
precisa e detallada sobre o estado do procedemento e das resolucións que se
dicten.
O/A profesional deberá entregarlle ao/á seu/súa cliente/a unha copia
de todos os escritos que presente e de todas as resolucións xudiciais
relevantes que lle sexan notificadas.
O/A cidadán/á poderá consultar co/coa seu/súa avogado/a as
consecuencias de calquera actuación ante un órgano xurisdiccional.
Potenciaranse os servicios de orientación xurídica, dependentes dos
colexios de avogados, que ampliarán as súas funcións para informar
o/a cidadán/á sobre os seus dereitos na relación de confianza co/coa
seu/súa avogado/a.
39.- O/A cidadán/á ten dereito a ser informado/a polo/a seu/súa avogado/a e
polo/a seu/súa procurador/a, con carácter previo ao exercicio de calquera
pretensión ante un órgano xudicial, sobre as consecuencias de ser condenado/a
ao pagamento das custas do proceso e sobre a súa contía estimada.
Os respectivos colexios profesionais elaborarán un estudio de
previsións sobre a contía media aproximada das custas de cada
proceso, dependendo tanto do tipo de procedemento coma da súa
complexidade, que será actualizado periodicamente.
40.- O/A cidadán/á ten dereito a ser asesorado/a e defendido/a gratuitamente por
un/unha avogado/a abondo cualificado/a e a ser representado/a por un/unha
procurador/a cando teña legalmente dereito á asistencia xurídica gratuíta.
Os colexios respectivos velarán polo correcto desenvolvemento da
súa función por parte do/da profesional designado/a.
41.- O/A cidadán/á ten dereito a esixirlle unha formación de calidade ao/á
profesional designado/a pola quenda de oficio nos supostos de asistencia xurídica
gratuíta.
Os colexios de avogados adoptarán as medidas adecuadas para
asegurar o cumprimento deste dereito.
FEITO POR BRAIS E SERGIO