lunes, 16 de marzo de 2015

De verdad se cumplen os dereitos humanos? Por Alba e Mimi

Os dereitos humanos son aquelas liberdades e dereitos básicos quetoda persoa posúe polo mero feito da súa condición humana a garantía dunha vida digna. Neste traballo falaremos do dereito a ter unha vivenda.
Según o artigo nº 47 da constitución española:
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha  vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan  de acordo co  interés xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas  plusvalías que xenere  a acción urbanística dos entes públicos. Mais non todo o mundo está de acordo.

Faremos unhas preguntas a  distintas persoas con distintas opinións:

-Pensa vostede que o goberno  fai o posible para que o dereito da vivenda dos españois  se cumpra?
-Non, cada vez queda máis xente na rúa  por culpa dos desaucios desmedidos que hai hoxe en dia.

-Está a favor de que os bancos se queden coas casas  desauciadas?
-Non, absolutamente non. Se non teñen cartos para pagarlle ao banco deberían concederlle máis pagos pero de menos diñeiro e así poderían pagar os prestamos.

-Que  cree da xente que acaba desauciada?
 -Creo que é o que merece a xente por non pagar. Teñen o que se merecen. Eu estou aquí traballando para pagar a miña vivenda e esos vagos non fan nada e pretenden vivir  do estado.










A triste realidade é que a día de hoxe non se cumpre para nada este artigo e cada vez vemos máis xente en bancos, con caixas, vivindo na rúa sen nada ao que sosterse, buscando un traballo desesperadamente, nais cos seus fillos vendo que morren de fame sen ter nada, nin onde durmir. Iso é o que o goberno vé e ignora, o que o goberno permite sen buscar solucións. Cada día que pasa  España está máis deteriorada por culpa de xente como esta que permite todo esto. É  fácil escribir nun papel que todos temos dereito a unha vivenda pero logo ver os desaucios tan rompedores que se fan arrancando as familias das súas casas e deixándoas na rúa. Iso é o que toda a xente permite, os políticos permíteno...



Alba Vigo e Esmeralda Casabianca

No hay comentarios:

Publicar un comentario